cica_fachadaAntes de entrarmos no novo ano – e celebrando a primeira década da nosa academia – presentamos esta web coa intención de achegarnos ainda máis a todos vós, pais, nais, alunos e alunas, pequenos e grandes.

Moitos e moitas seguro que coñecíades o noso perfil en Facebook, pero queríamos reservar iso para o día a día, para os “deberes”, anuncios ou fotos que non requiran maior explicación, ou noticias de última hora. Este espazo, por outra parte, quere mostrarvos a xente que está por detrás da CICA , o que fai e como o fai, polo miúdo. Este será o lugar onde escribamos reflexións e expliquemos a nosa filosofía educativa, onde colocaremos recursos de estudo que resistan o paso do tempo, o sitio onde sempre saberedes como encontrarnos e onde estarán todos os detalles do que ofertamos.

Animámosvos a que leades o que é a CICA, a que coñezades os e as profesionais que aquí traballan cada día con toda a ilusión do mundo, a que vexades o que temos para dar, tanto en idiomas como en docencia e outros servizos, para todas as idades.

Sede pacientes, iso si, pois isto da internet é unha cousa en permanente construción! A páxina acaba de dar o seu primeiro paso e irá medrando paseniñamente, pero segura, como se fan as cousas ben feitas.

Graciñas a todos e todas as que levades confiando en nós desde o 2003, e benvidos e benvidas todas aquelas que ides chegando. Estamos onde sempre.

Carlos, Koni, e o resto da tropa 🙂

http://www.educica.com

Academia CICA, Pontevedra