voltaaocole

Volta ao cole – e á CICA – no curso 2014-15

Hai uns dias comentáramos que estábamos preparando o novo curso na CICA e… xa o comezamos!

Imos rematando a segunda semana, collendo velocidade e pechando grupos, saudando de novo a todos e todas as que vindes confiando en nós durante xa máis dunha década e acollendo de brazos abertos a toda a xente que acabamos de coñecer.

Que dicir ten que aínda hai tempo para apuntarse na CICA, tanto pequenos como non tan pequenos, en calquera das nosas clases de repaso, idiomas, informática, ou ciencias, a todos os niveis e para todas as idades.

É máis, este curso 2014-15 temos dúas profes novas, a maiores do equipo xa existente, que presentaremos por aqui en breve. A CICA non para de medrar e mellorar! E é iso mesmo o que queremos.

Estamos onde sempre, na Rúa Virxe do Camiño 49 de Pontevedra. Para calquera dúbida ou pregunta é so contactar connosco 🙂