learnEstudar, si, pero como? O esforzo é importante, pero só con iso pode non chegar… Como se optimiza o tempo pasado diante dos libros, “clavando cotovelos”? Un pouco na liña que comentaba un dos nosos profes, aprender a estudar en si mesmo pode ser tan importante como aprender o que se supón que debemos saber para un exame.

Queremos deixar unha ligazón moi interesante con consellos prácticos para axudar neste proceso, de forma xeral e divertida -> CLICA AQUI. Isto complementa as nosas “10 pautas para aprender a aprender“, que poñemos en bo uso no noso día a día.

E xa que estamos, unha outra pequena axudiña gráfica para quen anda metido nas matemáticas. Iso está aqui (en inglés, certo, pero para quen anda pola CICA non é problema, verdade? É faciliño! 😉 ).

Advertisements