halloween_cica_2015_web

Clica na imaxe para veres máis grande

Unha festa de aquí e de alá, de vivos e de mortos, e celebrámola na CICA!

Todos e todas, desde educación primaria endiante, poderán desfrutar o próximo venres dia 30 de Outubro, de 5 a 8, de actividades como o obradoiro de maquillaxe e o de receitas monstruosas. Bulide e reservade! que o aforo é limitado e só custa tres euros!

Será unha xornada terrorífica… 🙂

Por certo, sabías que Halloween é un nome adaptado dunha celebración celta chamada Samhain? (pronunciado ‘sau-ín’). Esta era unha celebración común na Europa Atlántica que os emigrantes irlandeses levaron aos Estados Unidos. Aí foi onde lle deron esa imaxe típica que agora coñecemos vía cinema e televisión.

Samhain significa “Novembro” en irlandés moderno e era cando se celebraba o fin definitivo do verán, as boas colleitas e a preparación para o duro inverno, rodeado dunha atmosfera entre festiva e relixiosa. Samhain en verdade é toda unha época que poderíamos equiparar aquí co noso Magosto, e xa se sabe que as castañas son un dos alimentos favoritos no Alén… 😉

Realmente, cousas como os calacús cortados ou o máxico ambiente desa noite era algo común na nosa terra, como explican por exemplo neste artigo ou neste outro, por se tendes curiosidade.

Advertisements