Acaba o verán e na CICA voltamos estar á vosa disposición para este novo curso académico 2017-18.

Así, a partir do luns 25 de Setembro estaremos de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 – facendo preinscricións e organizando horarios para o comezo das aulas na CICA o día 2 de Outubro. Que ninguén quede sen sitio e sen horas!

Non fai falta repetir que as matrículas na nosa academia son sempre gratuitas… ou si? 😉

Lembrade que a CICA oferece toda clase de servizos: cursos para adultos/as, idiomas, informática, consultoría, tradución, reforzo para todas as asignaturas de primaria, ESO e bachalerato, máis Kids English e Deutsch für Kinder. E a nosa total disposición a axudarvos no que poidamos, como sempre 🙂

Estamos no local habitual, como desde 2003, en Virxe do Camiño 49, Pontevedra. Para calquera dúbida ou pregunta é só contactar connosco. Estamos tamén en Facebook, claro.

 

Advertisements