Inicio

Un luxo poder facer isto para vós

Deixar un comentario

Pinchade para ver o texto, ou comprade o xornal 😀

Hoxe recibimos un agasallo vía Diario de Pontevedra da man do grande Rodrigo Cota, que nos inundou con cinco columnas de boas palabras 🙂

Realmente, para nós isto é simplemente “o que facemos” no día a día, pero claro, facémolo con todo o cariño, tentando dar o mellor de nós para axudar a toda a xente, grande e pequena, que entra pola nosa porta, xa desde 2003.

E é sempre un traballo colectivo, que ninguén o esqueza, onde todo o persoal da CICA, pasado e presente, tivo e ten sempre claro que hai que aprender da experiencia. As cousas saen mellor cando te rodeas dun equipazo!

Sabedes un secreto? Ás veces preguntámonos: como me gustaría a min que me explicaran isto? Ou, como me poderían ter motivado máis cando andaba na escola? E así facemos, picando na curiosidade, apelando á responsabilidade de igual a igual, mostrando exemplos prácticos e compartillando esa experiencia da que falábamos.

Así que nada, xa sabedes, aquí estamos e estaremos, agora preparando xa o seguinte curso que comeza este luns 1 de Outubro.

Avante toda! 😀

PD. Rodrigo, non esquezas que tamén temos cursos de idiomas para adultos e cousas desas… xa sabes, se te animas a darlle ao que sexa… 😉 😀

Advertisements

Mais un ano, aquí estamos para vós

Deixar un comentario

Acaba o verán (como puido pasar tan rápido?!) e na CICA voltamos estar á vosa disposición para este novo curso académico 2018-19.

Así, a partir do luns 24 de Setembro estaremos de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 – facendo preinscricións e organizando horarios para o comezo das aulas na CICA o día 1 de Outubro. Que ninguén quede sen sitio e sen horas!

Non fai falta repetir que as matrículas na nosa academia son sempre gratuitas… ou si? 😉

Lembrade que a CICA oferece toda clase de servizos: cursos para adultos/as, idiomas, informática, consultoría, tradución, reforzo para todas as asignaturas de primaria, ESO e bachalerato, máis Kids English e Deutsch für Kinder. E a nosa total disposición a axudarvos no que poidamos, como sempre 🙂

Estamos no local habitual, como desde 2003, en Virxe do Camiño 49, Pontevedra. Para calquera dúbida ou pregunta é só contactar connosco. Estamos tamén en Facebook, claro.