Ola boas xentes da CICA!

Que? Como levades a situación? Veña que estamos xuntos nisto e cada vez falta menos para superarmos este bache! 🙂

Xa sabedes que a Academia CICA leva fisicamente pechada desde o 13 de Marzo, e dicimos “fisicamente” porque en realidade a actividade non parou.

Pois si, tiramos de inventiva e equipazo e fumos quen de poder seguir ofrecendo todos os nosos servizos, dentro do posible.
Mirade algunhas fotos das nosas sesións de Skype, Zoom, WhatsApp Web, etc. Así tamén se aprende na casa!

Facemos e faremos o que faga falta para continuar acompañando un curso lectivo que aínda que raro (seguramente o máis estraño das nosas vidas) non por iso menos importante, porque a educación continúa e continuará dalgunha forma ou outra, cunhas datas ou outras 😉
Cremos, de feito, que é fundamental non baixar a garda na formación, pois antes ou despois os temarios terán que completarse, e todo o que se saiba ou deixe de saber será útil e relevante.

Pero agora queremos aproveitar este recunchiño que temos en internet para, como é de xustiza, agradecervos de todo corazón a confianza que seguides depositando en nós nestes momentos, aínda que sexa na distancia e por medio dunha pantalla.

Sabemos que estades aí e nós queremos continuar estando aí tamén para vós e para as vosas familias.

Forza! Que isto pasa!

The Show Must Go on 😀