Inicio

Aprender a estudar… algo fundamental!

Deixar un comentario

learnEstudar, si, pero como? O esforzo é importante, pero só con iso pode non chegar… Como se optimiza o tempo pasado diante dos libros, “clavando cotovelos”? Un pouco na liña que comentaba un dos nosos profes, aprender a estudar en si mesmo pode ser tan importante como aprender o que se supón que debemos saber para un exame.

Queremos deixar unha ligazón moi interesante con consellos prácticos para axudar neste proceso, de forma xeral e divertida -> CLICA AQUI. Isto complementa as nosas “10 pautas para aprender a aprender“, que poñemos en bo uso no noso día a día.

E xa que estamos, unha outra pequena axudiña gráfica para quen anda metido nas matemáticas. Iso está aqui (en inglés, certo, pero para quen anda pola CICA non é problema, verdade? É faciliño! 😉 ).

Matematicas da ESO

Deixar un comentario

mathsHai quen diga que o universo é todo matemáticas.Outros din que é música, pero claro, os primeiros tamén dirán que a música é matemática! 😉

Desde logo, o coñecemento matemático está presente en todas partes arredor nosa, durante toda a nosa vida. Curiosamente, no ensino obrigatorio as “mates” son unha desas asignaturas que atraganta a moitos e moitas… Calma, que na CICA axudamos a quen o necesite a entender e mellorar!

Unha boa ligazón para exercicios de matemáticas da ESO para practicar na casa é esta:  http://matematicas.torrealmirante.net/