Inicio

Comprensión lectora, pola parte máis práctica

Deixar un comentario

Ás veligazonces queremos colocar ligazóns de recursos que consideramos sería unha mágoa que se perderan. Poden ser cousas curiosas, ou recursos educativos, ou exemplos de exercicios, fichas e demáis.

Moitas veces usámolos na CICA, claro, pero nunca está de máis compartillalos co resto do mundo.

Neste caso non podemos pasar por alto esta serie de excelentes exercicios – 100 fichas de comprensión lectora – para os nenos e nenas aprenderen a entender as mensaxes da vida cotiá, a “decodificar” o que se esconde nun mundo adulto através de imaxes ben reais e prácticas.

O curso máis avanzado será cando teñan que entender o recibo da electricidade, aínda que iso xa é para eruditos…

Que sexa do voso agrado.

Ligazón > AQUI < (pdf, 24.7 Mb)

 

Advertisements

Matematicas da ESO

Deixar un comentario

mathsHai quen diga que o universo é todo matemáticas.Outros din que é música, pero claro, os primeiros tamén dirán que a música é matemática! 😉

Desde logo, o coñecemento matemático está presente en todas partes arredor nosa, durante toda a nosa vida. Curiosamente, no ensino obrigatorio as “mates” son unha desas asignaturas que atraganta a moitos e moitas… Calma, que na CICA axudamos a quen o necesite a entender e mellorar!

Unha boa ligazón para exercicios de matemáticas da ESO para practicar na casa é esta:  http://matematicas.torrealmirante.net/