newstaffCo comezo do curso avisamos de que o cambio de logo e imaxe da nosa academia viría acompañado tamén de novas fichaxes para o noso equipo. Dito e feito! É o noso prazer presentarvos unha nova profe, Patricia Blanco, a quen podedes coñecer polo miúdo pinchando na ligazón do seu nome.

Patricia comeza connosco este curso, pero xa a coñecíamos de antes e sabíamos que tiña todos os ingredientes necesarios para ser unha auténtica “cicaense”.

Súmase desta forma a un equipo de profesionais que – non o esquezades – ademais de tratar cos máis cativos e cativas oferece tamén ensino para adultos (idiomas, informática, etc) e servizos profesionais variados, algo no que Patricia tamén ten moito que dicir e achegar (consultoría e xestión cultural, tradución e interpretación, etc).

Xa sabedes que a CICA é moito máis que unha academia 🙂