Inicio

Dias de Irlanda na CICA

1 comentario

Irl_cicaVen celebrar connosco un Marzo moi especial para o noso País viciño do norte!

A verdade é que as actividades non paran este mes e este ano na Illa Esmeralda, pois coinciden nun curto prazo o Dia Nacional (17 de Marzo) e o centenario da proclamación da República de Irlanda, que deu lugar á súa independencia total do Imperio Británico uns poucos anos despois. É, desde logo, algo para lembrar e comemorar.

A proclamación orixinal prodúxose o Luns de Páscoa de 1916, que caeu en 24 de Abril, aínda que neste ano 2016 o momento álxido terá lugar o 27 de Marzo, que é cando cadra o Domingo de Páscoa, dia no que tradicionalmente se rememoran eses eventos.

O Goberno de Irlanda creou unha web especial para enterarse de todo, en versión bilíngue irlandés/inglés, para quen se atreva 🙂

Así que, para celebrarmos estas datas tan especiais con esta terra tan próxima en moitos aspectos, preparamos as seguintes actividades na CICA:

 

14 – 25 Marzo: Exposición sobre Irlanda, con materiais usados polos nosos alunos e alunas. Decoraremos a entrada da academia con toda canta cousa irlandesa teñamos e encontremos, xuntándonos á tradición de “pintar todo de verde”.

18 Marzo (venres, 20h): Charla sobre Irlanda e as relacións con Galiza a cargo de Xoán, o noso profe galego-irlandés. Será un acto eminentemente divulgativo e aberto a todo o público, que tentaremos amenizar da mellor forma posíbel. O título é “Irlanda para galeg*s. Unha viaxe por un país viciño”.

 

Para máis detalles, novidades e información de última hora ide mirando o noso perfil aberto de Facebook en www.facebook.com/cicaeducacion

 

PD. E xa sabedes que en CICA oferecemos inglés para todos os niveis e todas as idades, desde as máis peques a adultos, para o cole ou para preparación de exames oficiais, etc. Con marcado acento irlandés, claro! 😉

Non só se ficha no fútbol!

Deixar un comentario

teamCoñeces xa as nosas dúas novas fichaxes neste curso? Seguro que si, de velas pola academia… Pero se non, aquí tendes os perfis (clicade no nome) tanto de Rocio Cortizo como de Karla Loureiro, novas profes de idiomas en infantil, primaria e secundaria. Benvidas as dúas!

E é que na CICA gústanos presumir da nosa xente, do noso equipazo, dos profesionais nos que amebelmente confiades día tras día 🙂

Se queredes botar un ollo aqui está a lista completa de todos os que somos (e estamos! 😀 ) neste lindo proxecto, agardándovos cando entrades pola porta.

 

 

Estamos de volta

Deixar un comentario

Imos aló co curso 2015-2016!

Imos aló co curso 2015-2016! (said the owl)

Ola! Despois dun verán de repasos e nervos polos exames, que logo foron ben, aquí estamos de volta 🙂 Que tal vós?

Comezamos xa en horario de mañán e tarde coas matrículas, sempre gratuitas, pois a máquina bota a andar o dia 1 de Outubro, como cada ano.

Que ninguén quede fora!

Lembrade que a CICA oferece toda clase de servizos, desde cursos para adultos/as, idiomas, informática, consultoría, tradución, interpretación, reforzo para todas as asignaturas de primaria, ESO e bachalerato, máis Kids English e Deutsch für Kinder, e a nosa total disposición a axudarvos, como sempre. Temos caras novas e gañas mil de vervos!

Estamos no local habitual, na Rúa Virxe do Camiño 49 de Pontevedra. Para calquera dúbida ou pregunta é so contactar connosco. Estamos também em Facebook, claro.

Comezamos o curso 2014-15

Deixar un comentario

voltaaocole

Volta ao cole – e á CICA – no curso 2014-15

Hai uns dias comentáramos que estábamos preparando o novo curso na CICA e… xa o comezamos!

Imos rematando a segunda semana, collendo velocidade e pechando grupos, saudando de novo a todos e todas as que vindes confiando en nós durante xa máis dunha década e acollendo de brazos abertos a toda a xente que acabamos de coñecer.

Que dicir ten que aínda hai tempo para apuntarse na CICA, tanto pequenos como non tan pequenos, en calquera das nosas clases de repaso, idiomas, informática, ou ciencias, a todos os niveis e para todas as idades.

É máis, este curso 2014-15 temos dúas profes novas, a maiores do equipo xa existente, que presentaremos por aqui en breve. A CICA non para de medrar e mellorar! E é iso mesmo o que queremos.

Estamos onde sempre, na Rúa Virxe do Camiño 49 de Pontevedra. Para calquera dúbida ou pregunta é so contactar connosco 🙂

 

Preparando o novo curso

Deixar un comentario

flyer2014Ola! Xa de volta ao cole? Preparando as cousas?

Nos veráns nós imos sempre a medio gas, claro, e Setembro é normalmente o noso mes “oficial” de vacacións, pero a partir do mércores 24 estaremos de volta poñendo a máquina a traballar, reservando prazas e facendo horarios.

Podedes pasar pola CICA a partir dese dia ou contactarnos, que o 1 de Outubro si que imos avante toda co inicio das clases.

Que ninguén quede sen sitio!

É máis, este curso académico 2014-15 estaremos de estrea, cunha “nova imaxe” e todo 😉 Ademais de cursos para adultos/as, idiomas, informática, servizos de consultoría, tradución, interpretación, máis Kids English, e a nosa total disposición a axudarvos, como sempre.

kids2014Temos xa moitas vontades de voltar a ver a toda a xente que xa coñecemos e de coñecer a moita xente nova!

Botamos a andar!

Deixar un comentario

cica_fachadaAntes de entrarmos no novo ano – e celebrando a primeira década da nosa academia – presentamos esta web coa intención de achegarnos ainda máis a todos vós, pais, nais, alunos e alunas, pequenos e grandes.

Moitos e moitas seguro que coñecíades o noso perfil en Facebook, pero queríamos reservar iso para o día a día, para os “deberes”, anuncios ou fotos que non requiran maior explicación, ou noticias de última hora. Este espazo, por outra parte, quere mostrarvos a xente que está por detrás da CICA , o que fai e como o fai, polo miúdo. Este será o lugar onde escribamos reflexións e expliquemos a nosa filosofía educativa, onde colocaremos recursos de estudo que resistan o paso do tempo, o sitio onde sempre saberedes como encontrarnos e onde estarán todos os detalles do que ofertamos.

Animámosvos a que leades o que é a CICA, a que coñezades os e as profesionais que aquí traballan cada día con toda a ilusión do mundo, a que vexades o que temos para dar, tanto en idiomas como en docencia e outros servizos, para todas as idades.

Sede pacientes, iso si, pois isto da internet é unha cousa en permanente construción! A páxina acaba de dar o seu primeiro paso e irá medrando paseniñamente, pero segura, como se fan as cousas ben feitas.

Graciñas a todos e todas as que levades confiando en nós desde o 2003, e benvidos e benvidas todas aquelas que ides chegando. Estamos onde sempre.

Carlos, Koni, e o resto da tropa 🙂

http://www.educica.com

Academia CICA, Pontevedra