Último empurrón no fin do curso académico! Forza! 😀
Xa sabedes que CICA está aquí para vós, agora e durante o verán.

A data oficial de remate é o 21 de Xuño, pero os alumnos e alumnas que desexen poden recuperar as horas da última semana do mes antes dese día; é tan fácil como falar cos respectivos mestres.

Despois diso abriremos a partir do día 24 e nesa semana o noso horario será: luns e mércores de 10 a 13:30 e de 17 a 20:00, e martes e xoves de 10 a 13:30 (venres 28 pechado).
Faremos entrega dos traballos de curso e, moi importante, coordinaremos as clases e horarios definitivos de verán 😉

É un non parar, porque durante Xullo e Agosto estaremos aquí para recuperar esas “cousiñas pendentes” que poidan quedar e tamén, que ninguén esqueza, para ofrecer cursos de idiomas para adultos.

Ademáis, este ano, através do noso profe Xoán, todos os alunos e alunas de CICA entre 11 e 18 anos poden aproveitar eses meses para pasaren uns días nun país de fala inglesa realizando toda clase de actividades 😀 Contactade directamente con Xoán para máis información, porque a oferta de programas é moi variada!
Existe tamén a posibilidade de completar un curso académico enteiro, totalmente homologábel, e tamén realizar estadías en lugares de fala francesa e alemá… O dito, preguntade 😉

Setembro é sempre o noso mes de vacacións e aínda así voltaremos o 23 (luns) para concretarmos horarios do curso 2019-20. Xa chegará!

Como sempre, aproveitamos esta ocasión para agradecer de corazón a vosa confianza no noso traballo e agardamos contar sempre convosco.

Sara, Ladi, Ramón, Xoán, Jaime, Coni e Carlos.

🙂

Advertisements