Inicio

Chega o verán, avante toda!

Deixar un comentario

Ola! O curso académico 2016-17 remata oficialmente o venres 23 de Xuño, pero a CICA continuará aberta para coordinar as clases de verán, sexan estas de recuperación ou de idiomas para adultos.

Así, a partir do luns 26 estaremos onde sempre de 10 a 13:30 e de 17 a 20:30.

Que se imos de vacacións? Claro, en Setembro! Non vai ser todo traballar 😉 Iso si, a partir do 25 dese mes abriremos as portas de novo para concretarmos os horarios do curso 2017-18.

Como sempre, agradecemos infinito a vosa confianza no noso traballo e esperamos voltar a contar con todos e todas vós.

E o dito, estade atentos e atentas a este web e ao noso perfil de Facebook porque continuaremos comunicando e falando deses cursos de idiomas para adultos 🙂

Karla, Rocio, Ramón, Xoán, Jaime, Koni e Carlos.

Chega o verán, chega o fin de curso

Deixar un comentario

O curso 2013-14 chega ao seu fin o vindeiro venres 20 de Xuño.cica

A próxima semana non haberá clase. Estaremos abertos a partir do día 24 martes (de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30) para a entrega dos traballos e coordinar os meses de Xullo e Agosto.

O mes de Setembro serán as nosas vacacións, se ben a partir do día 24 (mércores) do mesmo mes CICA xa estará aberta para concretar os horarios do ano 2014-15.

Agradecemos a vosa confianza no noso traballo e esperamos voltar a contar cos vosos fillos e fillas a partir de Setembro.

Lembramos, tamén, que aínda que os pequenos acaban, comezaremos en breve con cursos de idiomas para adultos, así que se alguén quere comezar con, ou repasar, o seu alemán, inglés, portugués… é só darnos un toque!

Iria, Ruth, Ramón, Xoán, Jaime, Koni e Carlos

Contactos da CICA.