Imos rematando máis un curso académico, pero xa sabedes que CICA continua aquí para vós 🙂

A data oficial de remate é o 22 de Xuño. Lembrade que os alumnos e alumnas que desexen poden recuperar as horas da última semana do mes antes dese día (é tan fácil como falar cos respectivos mestres!).

Despois diso abriremos a partir do día 25 e nesa semana o noso horario será: luns e mércores de 10 a 13:30 e de 17 a 20:00, e martes e xoves de 10 a 13:30 (venres pechado). Nesa semana faremos entrega dos traballos de curso e, moi importante, coordinaremos as clases e horarios definitivos de verán 😉

E é que a CICA non para! Durante Xullo e Agosto estaremos aquí para recuperar esas “cousiñas pendentes” que poidan quedar e tamén, que ninguén esqueza, para ofrecer cursos de idiomas para adultos (novidades sobre iso en breve).

Setembro será o noso mes de vacacións e aínda así voltaremos o 24 (luns) para concretarmos horarios do curso 2018-19. Xa chegará!

Como sempre, aproveitamos esta ocasión para agradecer de corazón a vosa confianza no noso traballo e agardamos contar sempre convosco.

Pilar, Nuria, Rocío, Ramón, Xoán, Jaime, Coni e Carlos.

🙂

 

Advertisements