Inicio

Acaba o curso, seguimos traballando para vós

Deixar un comentario

Imos rematando máis un curso académico, pero xa sabedes que CICA continua aquí para vós 🙂

A data oficial de remate é o 22 de Xuño. Lembrade que os alumnos e alumnas que desexen poden recuperar as horas da última semana do mes antes dese día (é tan fácil como falar cos respectivos mestres!).

Despois diso abriremos a partir do día 25 e nesa semana o noso horario será: luns e mércores de 10 a 13:30 e de 17 a 20:00, e martes e xoves de 10 a 13:30 (venres pechado). Nesa semana faremos entrega dos traballos de curso e, moi importante, coordinaremos as clases e horarios definitivos de verán 😉

E é que a CICA non para! Durante Xullo e Agosto estaremos aquí para recuperar esas “cousiñas pendentes” que poidan quedar e tamén, que ninguén esqueza, para ofrecer cursos de idiomas para adultos (novidades sobre iso en breve).

Setembro será o noso mes de vacacións e aínda así voltaremos o 24 (luns) para concretarmos horarios do curso 2018-19. Xa chegará!

Como sempre, aproveitamos esta ocasión para agradecer de corazón a vosa confianza no noso traballo e agardamos contar sempre convosco.

Pilar, Nuria, Rocío, Ramón, Xoán, Jaime, Coni e Carlos.

🙂

 

Advertisements

Chega o verán, avante toda!

Deixar un comentario

Ola! O curso académico 2016-17 remata oficialmente o venres 23 de Xuño, pero a CICA continuará aberta para coordinar as clases de verán, sexan estas de recuperación ou de idiomas para adultos.

Así, a partir do luns 26 estaremos onde sempre de 10 a 13:30 e de 17 a 20:30.

Que se imos de vacacións? Claro, en Setembro! Non vai ser todo traballar 😉 Iso si, a partir do 25 dese mes abriremos as portas de novo para concretarmos os horarios do curso 2017-18.

Como sempre, agradecemos infinito a vosa confianza no noso traballo e esperamos voltar a contar con todos e todas vós.

E o dito, estade atentos e atentas a este web e ao noso perfil de Facebook porque continuaremos comunicando e falando deses cursos de idiomas para adultos 🙂

Karla, Rocio, Ramón, Xoán, Jaime, Koni e Carlos.

English, for adults

Deixar un comentario

English_adults_summer2016Pensando en mellorar o teu inglés? Ou talvez comezar co idioma desde cero?

Pregunta xa polos cursos de verán para adultos co noso profe bilíngüe!

Poderás iniciarte no idioma, centrarte na atención ao público ou hostelería se é que o precisas para o teu traballo, ou simplemente practicar conversa e subir de nivel.

Desde 35€/mes, unha horiña semanal, e como sempre con matrícula gratuita e grupos reducidos (mínimo de 5 e máximo de 10 persoas).

Consúltanos para máis detalles e irmos organizando todo 🙂

 

O verán non nos pára

Deixar un comentario

summerstudyChega o verán, pero isto non pára! Pode que a outro ritmo, forzados polo calor, pero a CICA continuará aberta para vós.

A partir do 23 de Xuño, e ata o 1 de Xullo, estaremos en horario de mañán (10h00 – 13h30) e tarde (17h00 – 20h30) para coordinar o verán e axudarvos cos repasos.

Igualmente, as clases e cursos para adultos continuan. De feito, este pode ser o momento ideal para vos apuntardes a esas clases de idiomas que sempre quixéstedes facer e que ian quedando colgando…

Pregúntanos sobre isto todo ou sobre calquera outro servizo profesional que podamos oferecer.

Máis adiante, na última semana de Setembro, comezaremos a organizar o vindeiro curso académico propiamente dito.

E sempre, sempre, grazas pola vosa confianza 🙂