Inicio

Dias de Irlanda na CICA

1 comentario

Irl_cicaVen celebrar connosco un Marzo moi especial para o noso País viciño do norte!

A verdade é que as actividades non paran este mes e este ano na Illa Esmeralda, pois coinciden nun curto prazo o Dia Nacional (17 de Marzo) e o centenario da proclamación da República de Irlanda, que deu lugar á súa independencia total do Imperio Británico uns poucos anos despois. É, desde logo, algo para lembrar e comemorar.

A proclamación orixinal prodúxose o Luns de Páscoa de 1916, que caeu en 24 de Abril, aínda que neste ano 2016 o momento álxido terá lugar o 27 de Marzo, que é cando cadra o Domingo de Páscoa, dia no que tradicionalmente se rememoran eses eventos.

O Goberno de Irlanda creou unha web especial para enterarse de todo, en versión bilíngue irlandés/inglés, para quen se atreva 🙂

Así que, para celebrarmos estas datas tan especiais con esta terra tan próxima en moitos aspectos, preparamos as seguintes actividades na CICA:

 

14 – 25 Marzo: Exposición sobre Irlanda, con materiais usados polos nosos alunos e alunas. Decoraremos a entrada da academia con toda canta cousa irlandesa teñamos e encontremos, xuntándonos á tradición de “pintar todo de verde”.

18 Marzo (venres, 20h): Charla sobre Irlanda e as relacións con Galiza a cargo de Xoán, o noso profe galego-irlandés. Será un acto eminentemente divulgativo e aberto a todo o público, que tentaremos amenizar da mellor forma posíbel. O título é “Irlanda para galeg*s. Unha viaxe por un país viciño”.

 

Para máis detalles, novidades e información de última hora ide mirando o noso perfil aberto de Facebook en www.facebook.com/cicaeducacion

 

PD. E xa sabedes que en CICA oferecemos inglés para todos os niveis e todas as idades, desde as máis peques a adultos, para o cole ou para preparación de exames oficiais, etc. Con marcado acento irlandés, claro! 😉

Software libre? Fácil, seguro e… “libre”

Deixar un comentario

GNU, Linux, ordenadores... cousas complicadas? Ao contrario! Ven e descobrirás como eses trastos traballan para ti, non ti para eles!

Linux, ordenadores… cousas complicadas? Acabemos con eses mitos o venres 21 de Febreiro ás 20h, na CICA.

Desde a CICA queremos non só educar, senon tamén difundir cultura e facer cousas prácticas, “mans á obra”.

Así, como viñemos facendo durante xa máis de 10 anos con todo tipo de actividades, temos agora o prazer de anunciar unha charla sobre software libre, é dicir, esas cousas que a moitos e moitas lles soan raras e complicadas pero que realmente non só son fáciles, senon que farán que o teu ordenador vaia máis rápido, mellor e sexa moito máis seguro e estábel.

Para isto contaremos con un dos nosos profesores, Xoán Paredes, en parcería coa Associaçom Cultural Amigas da Cultura, a asociación cultural decana na nosa cidade e unha das máis antigas do País. Xoán falará sobre que é isto do software libre e Linux, as súas orixes, como é e como funciona.

Vinde á CICA o Venres 21 de Febreiro, ás 20h. Agardámosvos!

PD. Evento en facebook > aqui <

(e a CICA está > aqui < )