Inicio

Bárbara Bustelo

Natural de Rois (A Coruña), Bárbara rematou o seu bacharelato en Humanidades e Ciencias Sociais no 2012 e embarcouse na aventura de ir estudar aquela carreira tan rara e que ninguén coñecía á Universidade de Vigo. Tratábase nada menos que de Tradución e Interpretación.

Durante ese tempo tivo a oportunidade de pasar un ano de Erasmus na fermosa cidade de Glasgow e, desde aquela, un anaquiño do seu corazón pertence a Escocia.

Finalizado o grao, botou raíces durante tres anos máis na cidade olívica e ampliou os seus estudos co Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional.

No 2018 comezou dando clases privadas de inglés á rapazada, facendo desde 2019 ligazón con estoutra aventura de CICA. Podédela ver en acción todas as tardes se pasades pola academia e axexades pola xanela de recepción.

Non resulta doado discernir se o pasa mellor ela ou os nenos, pero veredes que, entre as súas cualidades, destaca tamén a responsabilidade de levar todo preparado de antemán e a seriedade no cumprimento das tarefas.

Contacto: coa CICA ou no correo-e barbara [a] educica.com

Mira a outra xente da CICA.

A %d blogueros les gusta esto: