Inicio

Carlos Fiuza

carlosNado en Pontevedra, é diplomado pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado (1984).

Ao pouco de rematar os estudos, Carlos comeza a traballar no Colexio Abrente de Portonovo (O Salnés), onde integra tamén a fundación da nova cooperativa propietaria do centro.

Durante 16 anos forma parte do claustro de profesores, impartindo diferentes materias, primeiro na agora extinta EXB (primaria e secundaria) e despois principalmente na educación primaria.

É no 2001 cando as súas inquedanzas fanlle pensar nunha nova aventura, fundando finalmente a Academia CICA en 2003 xunto con ‘Koni‘. Aquí Carlos dá clase de matemáticas, língua galega, española, ciencias e humanidades en educación primaria.

Como se isto non fora abondo, a partir do 2005 embárcase nun novo proxecto, entrando na xerencia do Camping Os Fieitás  (Ogrobe), onde até día de hoxe organiza campamentos e actividades culturais (lúdico-formativas) dirixidas a escolares, asociacións e organismos públicos.

Cando visitedes a CICA veredes que Carlos nunca para, pero sempre terá un sorriso!

Contato: coa CICA ou no correo-e carlos [a] educica.com

Mira a outra xente da CICA.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: