Inicio

Karla Loureiro

karlaÉrase unha vez que unha moza mariñense descubriu a súa paixón polos nenos en xeral e pola docencia en particular, comezando a súa andaina con rumbo a Compostela para estudar Filoloxía Inglesa. Esa mesma paixón polos cativos e cativas levaríaa anos máis tarde, xa en Pontevedra, a cursar a carreira de Maxisterio en Educación Primaria, co que avivou aínda máis o gusto pola docencia.

Traballou ás tardes, compaxinando aulas privadas con eses estudos, e decidindo despois obter os títulos de Monitora de Lecer e Tempo Libre e Monitora de Ludotecas. Nesa altura tivo xa a oportunidade de impartir actividades de inglés e preparación do Trinity para infantil e primaria en varias escolas da provincia, e ser responsábel en ludotecas de verán.

E como unha cousa leva a outra e o traballo pode ser diversión, esta moza organizou festas infantís e animacións para escolas, restaurantes, particulares, concellos e asociacións, oferecendo propostas, programas didácticos, orzamentos, xerindo o servizo todo de arriba a abaixo durante anos.

Aí foi cando a “pescou” a CICA en Outubro de 2015, onde lida cos máis peques que comezan co inglés, mentres ela non para de formarse e aprender.

Contacto: coa CICA ou no correo-e karla [a] educica.com

Mira a outra xente da CICA.

%d bloggers like this: