Inicio

Eladia del Castillo

“Ladi” é unha pontevedresa que, ao rematar o seu bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía, decidiu adicarse á súa vocación artística. Así, en 2014 rematou o Grao en Belas Artes (Univ. de Vigo) e comezou a súa andaina no mundo educativo completando o Máster de Profesorado con especialidade en Arte e Debuxo.

A estas alturas xa tiña unha crecente inquedanza pola educación, demostrada polas clases de inglés a nenos e nenas que ía impartindo. E claro, como unha cousa leva a outra, no 2016 probou sorte (e foille ben!) cunha bolsa de prácticas docentes en… Malang, Indonesia! (coa organización AIESEC). Digamos que foi unha experiencia marcante onde Ladi tivo a oportunidade de entrar en contacto coas máis inovadoras técnicas e con grupos de estudantes do máis diverso.

Á súa volta a Pontevedra aínda tivo tempo para rematar un curso como monitora de Hatha Yoga e, en 2018, incorporarse a esta outra tolemia que chamamos Academia CICA 😉

Aquí Ladi conxenia todo o moito aprendido estes anos, poñendo o seu saber e bo facer como profe de inglés de primaria.

Contacto: coa CICA ou no correo-e ladi [a] educica.com

Mira a outra xente da CICA.

Advertisements
%d bloggers like this: