Inicio

Nuria Fernández Balo

Leda por natureza desde 1993, esta pontevedresa sempre tivo clara a súa vocación polo ensino dos máis cativos e cativas.

Aos seis anos Nuria comezou a súa andaina no terreno musical, atopando no piano o seu instrumento. Foi por isto que, anos máis tarde, ingresou no Conservatorio Manuel Quiroga (Pontevedra).

No 2015 gradúase como mestra de Educación Primaria (con mención en educación musical) mentres perfeccionaba o seu galego, inglés e italiano na Escola Oficial de Idiomas. Durante ese mesmo 2015/16, Nuria trasládase á Coruña para completar un Máster de Psicoloxía Aplicada coa especialidade de intervención psicolóxica en contextos educativos e pouco despois, durante o 2016/17, decide formarse para dar mellor resposta a persoas con NEAE, atinxindo así a mención de audición e linguaxe.

Por todo isto, Nuria basea a experiencia educativa na música como fonte de creatividade, diversión e desenvolvemento intelectual e persoal do alunado. Así, as súas aulas non son unha mera transmisión de datos, senon unha fonte de crecemento e exploración de valores e emocións.

Despois dunha estadía como profesora en Italia que comezara en Setembro de 2017, Nuria incorporouse a CICA en Marzo de 2018 como mestra de inglés dos máis pequenos e pequenas, e é que como di unha das súas citas favoritas:

Never stop learning
because life
never stops teaching

Contacto: coa CICA ou no correo-e nuria [a] educica.com

Mira a outra xente da CICA.

Advertisements
%d bloggers like this: