Inicio

Rocio Cortizo

rocioNatural de Graña de Umia, no concello de Forcarei, Rocio rematou o Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais sen saber aínda moi ben a que se quería adicar… até que descubriu que tiña unha man especial cos pequerrechos, e que estaba namorada do inglés. Foi entón cando decidiu especializarse en Filoloxía Inglesa, Francesa e Portuguesa na Universidade de Vigo (2011-2015).

Aventureira como é ela, decidiu facer parte dos estudos en Manchester (Inglaterra), onde pasou dous anos, para rematalos despois en Pontevedra, lugar onde reside a día de hoxe.

Durante o tempo de carreira, ademáis de dar aulas particulares de idiomas, aínda tivo tempo de aprender varios oficios do máis diverso! Nada é demasiado para ela e é que está sempre disposta a aprender de todo nesta vida.

Desde Outubro de 2015 o “terremoto Rocio” traballa na CICA ensinando inglés, francés, galego e castelán a alunos e alunas de primaria e secundaria.

Contacto: coa CICA ou no correo-e rocio [a] educica.com

Mira a outra xente da CICA.

Advertisements
%d bloggers like this: