Inicio

Recta final! (e algo especial de inglés no estranxeiro)

Deixar un comentario

Último empurrón no fin do curso académico! Forza! 😀
Xa sabedes que CICA está aquí para vós, agora e durante o verán.

A data oficial de remate é o 21 de Xuño, pero os alumnos e alumnas que desexen poden recuperar as horas da última semana do mes antes dese día; é tan fácil como falar cos respectivos mestres.

Despois diso abriremos a partir do día 24 e nesa semana o noso horario será: luns e mércores de 10 a 13:30 e de 17 a 20:00, e martes e xoves de 10 a 13:30 (venres 28 pechado).
Faremos entrega dos traballos de curso e, moi importante, coordinaremos as clases e horarios definitivos de verán 😉

É un non parar, porque durante Xullo e Agosto estaremos aquí para recuperar esas “cousiñas pendentes” que poidan quedar e tamén, que ninguén esqueza, para ofrecer cursos de idiomas para adultos.

Ademáis, este ano, através do noso profe Xoán, todos os alunos e alunas de CICA entre 11 e 18 anos poden aproveitar eses meses para pasaren uns días nun país de fala inglesa realizando toda clase de actividades 😀 Contactade directamente con Xoán para máis información, porque a oferta de programas é moi variada!
Existe tamén a posibilidade de completar un curso académico enteiro, totalmente homologábel, e tamén realizar estadías en lugares de fala francesa e alemá… O dito, preguntade 😉

Setembro é sempre o noso mes de vacacións e aínda así voltaremos o 23 (luns) para concretarmos horarios do curso 2019-20. Xa chegará!

Como sempre, aproveitamos esta ocasión para agradecer de corazón a vosa confianza no noso traballo e agardamos contar sempre convosco.

Sara, Ladi, Ramón, Xoán, Jaime, Coni e Carlos.

🙂

Horarios de Páscoa (2019)

Deixar un comentario

Ola! Parece que imos de festa en festa, pero non 😉
O que pasa é que xa sabedes que actualizamos máis o noso perfil de Facebook do que esta páxina, pero ao que íamos… 😀

Deixamos por aquí aviso extra que as clases de tarde do luns (15 de abril), martes (16) e mércores (17) quedarán todas “concentradiñas” nas mañás do tal luns e martes.

Voltaremos á normalidade total o martes 23, lembrando que o luns 22 tamén é festivo.

Para máis detalles e horarios específicos non dubidedes en contactar connosco, claro!

Pasádeo moi ben nestes días que veñen, de parte de todo o equipo da CICA 🙂

 

De festas e aninovo!

Deixar un comentario

Hoxe e o día do solsticio de inverno (mira ti!) e xa non queda nada para desconectarmos un pouquiño 🙂

Aproveitade moito estes días! Toca unha merecida pausa.

Nós aínda andaremos por aquí nas mañás do mércores 26, xoves 27 e venres 28 de Decembro para recuperar ou avanzar algo de material, pero sempre desfrutando!

E senon… vémonos no 2019! (voltamos á “normalidade” total a partir do luns 7 de Xaneiro).

Boas, boísimas, festas 😀

Acaba o curso, seguimos traballando para vós

Deixar un comentario

Imos rematando máis un curso académico, pero xa sabedes que CICA continua aquí para vós 🙂

A data oficial de remate é o 22 de Xuño. Lembrade que os alumnos e alumnas que desexen poden recuperar as horas da última semana do mes antes dese día (é tan fácil como falar cos respectivos mestres!).

Despois diso abriremos a partir do día 25 e nesa semana o noso horario será: luns e mércores de 10 a 13:30 e de 17 a 20:00, e martes e xoves de 10 a 13:30 (venres pechado). Nesa semana faremos entrega dos traballos de curso e, moi importante, coordinaremos as clases e horarios definitivos de verán 😉

E é que a CICA non para! Durante Xullo e Agosto estaremos aquí para recuperar esas “cousiñas pendentes” que poidan quedar e tamén, que ninguén esqueza, para ofrecer cursos de idiomas para adultos (novidades sobre iso en breve).

Setembro será o noso mes de vacacións e aínda así voltaremos o 24 (luns) para concretarmos horarios do curso 2018-19. Xa chegará!

Como sempre, aproveitamos esta ocasión para agradecer de corazón a vosa confianza no noso traballo e agardamos contar sempre convosco.

Pilar, Nuria, Rocío, Ramón, Xoán, Jaime, Coni e Carlos.

🙂

 

O tempo voa… e ven o 2018

Deixar un comentario

O Apalpador, a (afortunadamente) recuperada figural tradicional galega que trae cousas boas para peques e non tan peques…

O tempo voa! Xa entramos nas festas desta época, así que… boas festas a todos e todas!

E bo 2018 tamén! 2018… que cifra tan “futurista”, verdade? 😀

Voltaremos á nosa rotina habitual o luns 8 de Xaneiro, pero que ninguén esqueza que a CICA non para e que organizamos grupos especiais de mañá para os días 26 e 27, e despois o 2 e 3 (9:30 a 14:00).

Seguro que os interesados e interesadas xa teñen copia do seu horario personalizado, que estivemos repartindo na medida do posíbel 😉 Senon… só tendes que preguntar.

En calquera caso, pasade uns días estupendos coa vosa xente querida, celebrade en paz e que o Apalpador vos traia o agasallo que queredes entre as castañas 🙂

Un saúdo e os mellores desexos de todo o equipo da CICA.

Chega o verán, avante toda!

Deixar un comentario

Ola! O curso académico 2016-17 remata oficialmente o venres 23 de Xuño, pero a CICA continuará aberta para coordinar as clases de verán, sexan estas de recuperación ou de idiomas para adultos.

Así, a partir do luns 26 estaremos onde sempre de 10 a 13:30 e de 17 a 20:30.

Que se imos de vacacións? Claro, en Setembro! Non vai ser todo traballar 😉 Iso si, a partir do 25 dese mes abriremos as portas de novo para concretarmos os horarios do curso 2017-18.

Como sempre, agradecemos infinito a vosa confianza no noso traballo e esperamos voltar a contar con todos e todas vós.

E o dito, estade atentos e atentas a este web e ao noso perfil de Facebook porque continuaremos comunicando e falando deses cursos de idiomas para adultos 🙂

Karla, Rocio, Ramón, Xoán, Jaime, Koni e Carlos.