Inicio

Xa estamos en marcha ……

Deixar un comentario

Despois do parón do verán…..

Verán de non parar

Deixar un comentario

Porque xa comezamos a repasar o curso pasado e reforzar o que vén 😉

Pode que sexan días tranquilos pola academia (ben quitando algunha que outra renovación XD), pero lembrade que aquí estaremos nesta tempada estival luns e mércores de mañán e tarde, e martes e xoves de mañán.

Recuperacións, clases para adultos, idiomas, traducións…
Moitos e moitas xa sabedes quen somos, pero para quen non o saiba, aquí está todo o que levamos facendo desde 2003 neste curruncho noso da cidade de Pontevedra 🙂

Agardámosvos!

Volta a CICA, e temos un plan!

Deixar un comentario

Porque a vida non para, non pode parar, a CICA abrirá as portas das súas aulas o día 1 de Outubro 🙂

Pero antes diso, o 21 de Setembro, andaremos xa pola academia para tomar nota das vosas matrículas (gratuítas, como sempre) e explicar calquera dúvida que teñades sobre o noso plan contra o COVID-19.

De feito, pedimos que por favor vexades o seguinte video onde explicamos todo, pasiño a pasiño, para encararmos a “nova realidade” con toda a seguranza posíbel e podermos oferecer todos os nosos servizos habituais, desde clases de reforzo escolar a línguas para adultos, ou informática, ou traducións, ou… será por cousas 😀

 

Aquí seguimos, e xa van 17 anos, convosco e para vós.

 

Xa estamos na “nova normalidade”

Deixar un comentario

Reabrimos!

Desde o 15 de Xuño estamos na CICA nas mañás dos luns, mércores e venres de 10 a 13:30, para coordinarmos as clases de Xullo e Agosto, que xa poderán ser presenciais, e irmos preparando o próximo curso, que vai vir “cargadiño”.

Falade connosco porque agora é o momento de recuperar ou adiantar a materia que non entrou nos últimos meses por causa de coronavirus e que si vai entrar no primeiro trimestre do próximo ano académico.

Que ninguén se leve un susto cando comecen os coles e institutos outra vez! 🙂

Obviamente, tomaremos todas as medidas de prevención recollidas no plan de continxencia que preparamos segundo as orientacións das autoridades sanitarias. CICA é un espazo libre de vírus! 😉

 

 

A CICA desde casa

Deixar un comentario

Ola boas xentes da CICA!

Que? Como levades a situación? Veña que estamos xuntos nisto e cada vez falta menos para superarmos este bache! 🙂

Xa sabedes que a Academia CICA leva fisicamente pechada desde o 13 de Marzo, e dicimos “fisicamente” porque en realidade a actividade non parou.

Pois si, tiramos de inventiva e equipazo e fumos quen de poder seguir ofrecendo todos os nosos servizos, dentro do posible.
Mirade algunhas fotos das nosas sesións de Skype, Zoom, WhatsApp Web, etc. Así tamén se aprende na casa!

Facemos e faremos o que faga falta para continuar acompañando un curso lectivo que aínda que raro (seguramente o máis estraño das nosas vidas) non por iso menos importante, porque a educación continúa e continuará dalgunha forma ou outra, cunhas datas ou outras 😉
Cremos, de feito, que é fundamental non baixar a garda na formación, pois antes ou despois os temarios terán que completarse, e todo o que se saiba ou deixe de saber será útil e relevante.

Pero agora queremos aproveitar este recunchiño que temos en internet para, como é de xustiza, agradecervos de todo corazón a confianza que seguides depositando en nós nestes momentos, aínda que sexa na distancia e por medio dunha pantalla.

Sabemos que estades aí e nós queremos continuar estando aí tamén para vós e para as vosas familias.

Forza! Que isto pasa!

The Show Must Go on 😀

 

 

Peche polo “coronavirus”

1 comentario

Estimados pais e nais de CICA:

Acaban de anunciar desde o Goberno Galego o peche de todos os centros educativos de Galicia pola pandemia de coronavirus, co cal a CICA tamén estará pechada durante as dúas semanas que prevé o Goberno.

Así, desde mañán venres 13 de Marzo, non impartiremos clase no noso centro e permaneceremos atentos a novos avisos oficiais.

Durante a fin de semana o claustro de mestres da CICA estudaremos alternativas e métodos para seguir impartindo clases e informarémosvos da maneira de podermos seguir dando esas clases a distancia por medios telemáticos.

Anticipamos a intención, na medida do posible, de impartir clases mediante videoconferencia, por Skype ou por Zoom. Cada mestre fará un grupo de Whatsapp por cada turno de horario a concertar día e hora das clases a impartir.

Lembrade que o peche escolar non é para ir de vacacións, ao parque ou socializar, senón para precisamente evitar espallar aínda máis a doenza, que nos primeiros días de contaxio non presenta síntomas pero podemos pasala a outras persoas (onde os nosos maiores están especialmente en risco!).

Agardemos que remate cedo esta situación, e pensemos que moito de como poida evolucionar esta pandemia é tamén a nosa responsabilidade.
Xa sabedes: lavade ben e frecuentemente as mans, evitade tocar ollos, nariz e boca, quedade na casa á mínima sospeita de infección, evitade aglomeracións, etc.

Máis información sobre o coronavirus na páxina da Consellería de Sanidade.

Unha grande aperta, e sentidiño 😉

Just landed (or simply curious)? We’ll give you a hand!

Deixar un comentario

Are you an expat in Galicia? Are you a native English speaker or are you fluent in English?

Whether you are here temporarily or you’ve decided to make this your permanent home (welcome!), we invite you to make the most of it and gain a greater appreciation of this little country of ours 🙂

So contact us for details on our Galician culture and language classes through English!

This course is taught by Xoán, a multilingual cross-cultural expert with years of international experience in research, teaching and, well, everything and anything Galician 😀
Actually, he’s also an official tourist guide so the course includes a walking tour in the city of Pontevedra. How about that?

Since this is something new nobody else offers in Galicia, we can actually tailor the courses to your interests, making it dynamic and fluid. Do you need to improve your language skills? Good. Do you prefer to focus on the culture and society? That’s great too! You’ll end up knowing more than many locals do, promise!

Like someone once said:

“A language is not only a human creation, but also a form of expressing a conception of the world, a means of expressing relationships with nature, an oral tradition, and ultimately a culture, thereby contributing to the global enrichment of humanity”

 

Novo curso: Anotádevos que as prazas voan!

Deixar un comentario

O que somos é, ao final, un conxunto de lembranzas e coñecementos, así que aquí estamos de novo para axudar a ampliar ese saber e esas experiencias… Ui que filosóficos nos puxo o verán 😀

Vinde logo a partir do martes 24 de Setembro de 10 a 14 e 17 a 20 para as preinscricións e organización dos novos horarios, porque no 1 de Outubro zarpamos a toda vela cara o curso académico 2019-20!

Que dicir ten que continuamos coa nosa política de matrícula gratuíta e toda a ilusión do mundo que lle metemos a este proxecto que vai facer xa 16 anos.

O noso equipazo está aquí para todas as idades e todos os niveis, incluíndo tamén adultos que, por exemplo, queiran aprender idiomas.
Lembrade que a CICA oferece todos estes servizos: línguas, informática, consultoría, tradución, reforzo para todas as asignaturas de primaria, ESO e bachalerato, máis Kids English e Deutsch für Kinder. E a nosa total disposición a axudarvos no que poidamos, como sempre 🙂

Non nos movemos de sitio, estamos en Virxe do Camiño 49, Pontevedra.
Para calquera dúbida ou pregunta é só contactar connosco. Estamos tamén en Facebook, claro.

Recta final! (e algo especial de inglés no estranxeiro)

Deixar un comentario

Último empurrón no fin do curso académico! Forza! 😀
Xa sabedes que CICA está aquí para vós, agora e durante o verán.

A data oficial de remate é o 21 de Xuño, pero os alumnos e alumnas que desexen poden recuperar as horas da última semana do mes antes dese día; é tan fácil como falar cos respectivos mestres.

Despois diso abriremos a partir do día 24 e nesa semana o noso horario será: luns e mércores de 10 a 13:30 e de 17 a 20:00, e martes e xoves de 10 a 13:30 (venres 28 pechado).
Faremos entrega dos traballos de curso e, moi importante, coordinaremos as clases e horarios definitivos de verán 😉

É un non parar, porque durante Xullo e Agosto estaremos aquí para recuperar esas “cousiñas pendentes” que poidan quedar e tamén, que ninguén esqueza, para ofrecer cursos de idiomas para adultos.

Ademáis, este ano, através do noso profe Xoán, todos os alunos e alunas de CICA entre 11 e 18 anos poden aproveitar eses meses para pasaren uns días nun país de fala inglesa realizando toda clase de actividades 😀 Contactade directamente con Xoán para máis información, porque a oferta de programas é moi variada!
Existe tamén a posibilidade de completar un curso académico enteiro, totalmente homologábel, e tamén realizar estadías en lugares de fala francesa e alemá… O dito, preguntade 😉

Setembro é sempre o noso mes de vacacións e aínda así voltaremos o 23 (luns) para concretarmos horarios do curso 2019-20. Xa chegará!

Como sempre, aproveitamos esta ocasión para agradecer de corazón a vosa confianza no noso traballo e agardamos contar sempre convosco.

Sara, Ladi, Ramón, Xoán, Jaime, Coni e Carlos.

🙂

Horarios de Páscoa (2019)

Deixar un comentario

Ola! Parece que imos de festa en festa, pero non 😉
O que pasa é que xa sabedes que actualizamos máis o noso perfil de Facebook do que esta páxina, pero ao que íamos… 😀

Deixamos por aquí aviso extra que as clases de tarde do luns (15 de abril), martes (16) e mércores (17) quedarán todas “concentradiñas” nas mañás do tal luns e martes.

Voltaremos á normalidade total o martes 23, lembrando que o luns 22 tamén é festivo.

Para máis detalles e horarios específicos non dubidedes en contactar connosco, claro!

Pasádeo moi ben nestes días que veñen, de parte de todo o equipo da CICA 🙂

 

Older Entries